PROPOSTA MUSICAL
Aló Django ofrece un concerto cun amplo abano de xéneros musicais traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante es el mítico guitarrista Django Reinhardt.
Ademais Aló Django crea un show divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claquet e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.
Estas claves, acústico e cómico, xunto con este estilo musical agradable e comercial dentro do mundo do jazz, fan de Aló Django unha aposta ideal para salas e teatros de pequeno e mediano formato, onde a proximidade do público crea o ambiente ideal do noso show.
BIOGRAFÍA DO GRUPO
Aló Django nace no ano 2007 pola vontade de Ramón Orencio e Xabier Mera, guitarras e voces, de ofrecer un concerto divertido con swing como banda sonora. Se sumaron como plantilla fixa os violinistas Quim Fariña e Xacobe Lamas, e o contrabaixista Alfonso Calvo e a mellor claquetista de Galicia, Gail Brevitt.
O proxecto está recibindo moi boa acollida por parte do público e salas de concertos de Galicia, as cales depositaron de novo a súa confianza en nós ao programarnos este ano en gran número a través da rede institucional galega RGMV (Rede Galega de Músicos ao Vivo), así como na rede institucional portuguesa Outonalidades 2009; participou ademais en festivais de jazz en Galicia como o Burgojazz e foi escollido para eventos institucionais como a Gala de Teatro Radiofónico da RTVG (Radio Televisión de Galicia), a gala Revelando Voces do Concello de Santiago de Compostela, a entrega de premios do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. Aló Django continúa agora súa traxectoria coa súa inclusión no ciclo Artistas en Ruta 2010, promovido pola A.I.E. (Asociación de Intérpretes y Ejecutantes) que levará a Aló Django de xira pola xeografía nacional (Barcelona, Madrid, Badajoz, Toledo, Ciudad Real,...) durante o 2010.
www.myspace.com/alodjangoswingband
Contratación: 677776860 – 981937819 (Xabier Mera)
Ver vídeo en: http://www.youtube.com/watch?v=QhQRnLHqTWw
Prégase difusión, graciñas.
--
Bea Gradín
Distribución e Produción
PISTACATRO PRODUTORA DE SOÑOS, S.L
Polígono Novo Milladoiro, rúa Palmeira nave 69-B
15895 Ames (A Coruña). Galiza-Spain
Telf: 659 044 575 // 981 937 819
www.pistacatro.com
PISTACATRO, Produtora de Soños é un proxecto empresarial e social fundado no 2004 por sete creadores de diferentes disciplinas (circo, música, teatro e danza) co obxectivo de fundar un novo modelo de compañía, produtora cultural e distribuidora que crea e achega os seus propios shows baixo o carimbo da propia esixencia artística e a eficacia na súa distribución. Novo Circo, shows de rúa, música, teatro, eventos, animacións, festivais e unha escola de circo propia concretan o tipo de soños que queremos producir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario