Visita nuestra web: www.espaidecirc.com

martes, 9 de marzo de 2010

Pistacatro presenta: Aló Django Cabaré.Teatro Principal 12-marzo-2010 ás 21:00hrs

O GRUPO DE SWING MANOUCHE ALÓ DJANGO VOLVE AO PRINCIPAL A GRAVAR O SEU DIRECTO POR PRIMEIRA VEZ
En colaboración  coa RTVG e coa Concellaría de Santiago de Compostela, este venres 12 de marzo de 2010 ás 21:00h.
 
     Aló Django, participante na última edicion do ciclo Revelando Voces 2009, da Concellaría de Cultura, volve ao Teatro Principal de Santiago para gravar coa unidade móbil da RTVG e coa colaboración da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela,  a Produtora Pistacatro e as empresas de servizos artísticos R.T.A. e Dani Froq Eventos.
 
     O obxectivo é  poder editar o disco en directo deste grupo de swing xitano como unha concreción do ciclo Revelando Voces, que levou a varios grupos o ano pasado .polos centros socioculturais de Compostela e máis ao Teatro Principal nunha gala final na que tamén estivo Aló Django.
 
     Aló Django para esta ocasión  vai armar un cabaré coa participación de diversos artistas musicais e cómicos. Será un show  divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claqué e a interacción cómica co público, sinais de identidade do grupo, sumados nesta ocasión ás colaboracións con outros músicos e xentes do circo e do humor.
 
     Unha festa na que Aló Django convoca a todos os seus fans a participar e ser incluídos na gravación coas súas risas, aplausos, arroutos, insultos, louvanzas ou comentarios de todo tipo en directo ao máis puro estilo cabaré. Queremos facer unha celebracion do noso proxecto musical en Santiago, nosa casa, e arroparnos por tanta xente que nos quere e que noutras ocasións non podemos estar todos por limitacións de aforo doutros locais, este é o momento de vernos as caras e tamén festexar con swing os 100 anos do nacemento do mítico guitarrista Django Reinhardt!
 
    Ademais con este evento Aló Django, coas colaboracións de artistas do circo e do humor, quere dar apoio ao proxecto social da Escola de Circo Circonove, único centro de formación circense integral en Galicia, sita no Milladoiro e con gran base social en Compostela, facendo visible a este colectivo cuxo proxecto está en vías de desaparecer por falta de medios económicos.
 

                                                      ?ui=2&view=att&th=1271eb065664ddb6&attid=0.1&disp=attd&realattid=ii_1271eb065664ddb6&zw              

PROPOSTA MUSICAL

 

Aló Django ofrece un concerto cun amplo abano de xéneros musicais traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante es el mítico guitarrista Django Reinhardt. 

 

Ademais Aló Django crea un show divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claquet e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.

 

Estas claves, acústico e cómico, xunto con este estilo musical agradable e comercial dentro do mundo do jazz, fan de Aló Django unha aposta ideal para salas e teatros de pequeno e mediano formato, onde a proximidade do público crea o ambiente ideal do noso show.

 

 

BIOGRAFÍA DO GRUPO

 

Aló Django nace no ano 2007 pola vontade de Ramón Orencio  e Xabier Mera, guitarras e voces, de ofrecer un concerto divertido con swing como banda sonora. Se sumaron como plantilla fixa os violinistas Quim Fariña e Xacobe Lamas, e o contrabaixista Alfonso Calvo e a mellor claquetista de Galicia, Gail Brevitt.

O proxecto está recibindo moi boa acollida por parte do público e salas de concertos de Galicia, as cales  depositaron de novo a súa confianza en nós ao programarnos este ano en gran número a través da rede institucional galega RGMV (Rede Galega de Músicos ao Vivo), así como na rede institucional portuguesa Outonalidades 2009; participou ademais en festivais de jazz en Galicia como o Burgojazz e foi escollido para eventos institucionais como a Gala de Teatro Radiofónico da RTVG (Radio Televisión de Galicia), a gala Revelando Voces do Concello de Santiago de Compostela, a entrega de premios do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. Aló Django continúa agora  súa traxectoria coa súa inclusión no ciclo Artistas en Ruta 2010, promovido pola A.I.E. (Asociación de Intérpretes y Ejecutantes) que levará a Aló Django de xira pola xeografía nacional (Barcelona, Madrid, Badajoz, Toledo, Ciudad Real,...) durante o 2010.



alodjango@gmail.com

www.myspace.com/alodjangoswingband
Contratación: 677776860 – 981937819 (Xabier Mera)

Ver vídeo enhttp://www.youtube.com/watch?v=QhQRnLHqTWw


?ui=2&view=att&th=1271eb4566322712&attid=0.1&disp=attd&realattid=ii_1271eb4566322712&zw?ui=2&view=att&th=1271eb593a250a15&attid=0.1&disp=attd&realattid=ii_1271eb593a250a15&zw



Prégase difusión, graciñas.



?ui=2&view=att&th=1274289c8ea0e521&attid=0.1&disp=attd&realattid=ii_1274289c8ea0e521&zw


--
Bea Gradín
Distribución e Produción
PISTACATRO PRODUTORA DE SOÑOS, S.L
Polígono Novo Milladoiro, rúa Palmeira nave 69-B
15895 Ames (A Coruña). Galiza-Spain
Telf: 659 044 575  //  981 937 819
www.pistacatro.com

PISTACATRO, Produtora de Soños é un proxecto empresarial e social fundado no 2004 por sete creadores de diferentes disciplinas (circo, música, teatro e danza) co obxectivo de  fundar un novo modelo de compañía, produtora cultural e distribuidora que crea e achega os seus propios shows baixo o carimbo da propia esixencia artística e a eficacia na súa distribución. Novo Circo, shows de rúa, música, teatro, eventos, animacións, festivais e unha escola de circo propia concretan o tipo de soños que queremos producir.








bambalina teatre carmen

este viernes día 5,
en La Lírica de Silla (al lado del ayuntamiento)
 a las 22:30 horas
Bambalina presenta
 CARMEN.

Lirica a les 22:30 hores

 

benja